“En política, cuestión de formas”. Carlos Moedo

28 Marzo 2023

As páxinas – físicas ou virtuais- que este xornal xenerosamente nos brinda para intentar unha reflexión serea e constructiva sobre a política en Noia, tarefa na que o autor anda metido dende hai algún tempo e que alguns -¡Alí eles!- coidan estar tutelada por algún ente distinto a
min, constitúen unha excepcional tribuna pública nesa aludida intención de compartir cos lectores as que quen isto firma, considera ineludibles esixencias de parte da cidadanía a respeto das necesidades que deben ser abordadas na nosa vila dende a responsabilidade política, sexa da ideoloxía que fora.
Reflexións que tentan reivindicar a cercanía e o rigor nos feitos á par que unha boa relación entre os veciños. Esixir a honestidade, a moderación, o sentidiño. Reclamar a valía e o compromiso dos representantes públicos que fan política cos pés na terra alonxados de toda tentación particularista ou fronte a aqueles outros que teñen na burla e a descalificación do oponente –que non inimigo- o eixo das súas actitudes. Con estes últimos, digámolo xa, eu non xogo.
É alentador pensar que corresponde a mocidade noiesa contribuír a xerar ese clima de entendemento tamén na actividade pública, axudar a posta en valor das boas formas para que o importante prime sobre as ocorrencias, e acabe por impoñerse o sentido común ao que – nesa tarefa de acadar un espírito de consenso- nos convoca o propio enunciado da “moi nobre, moi leal e moi antiga vila de Noia” que orna o escudo que a representa. Xeitos de convivencias que foron tan destacados ao longo da fecunda Historia que nos ten precedido e tan menosprezados nos últimos –e non tan últimos- tempos de parte dos que, decían, albiscábanse prometedores aires novos chegados ao salón de plenos, alí onde se dilucidan os
intereses cidadáns.
Será, como se sabe, en maio cando sexamos convocados a dar o noso parecer nas urnas. Pero ata que ese momento chegue é responsabilidade nosa, de todos e todas os que creemos que temos algo que aportar, facelo deixando a un lado esas prácticas infantilistas e descalificadoras que respostan ás criticas razoadas con “ocorrencias” propias de irreflexivas conversas de taberna.
Como é doado constatar, e ó marxe dos tempos legais, principiou xa unha campaña electoral que haberá de conducirnos ás eleccións municipais de maio. No seu transcurso o que se precisa é seriedade e non ocorrencias, rigor e non mentiras, sensatez e non descalificacións persoais. Máis mitins que enfrontamentos en redes sociais, máis artigos de opinión explicativos e menos publicacións liviáns e ofensivas, pretendidamente ocorrentes e aplaudidas. En definitiva, mais propostas e menos chistes. Aí sí xogo. Que xogamos todos.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...