En Boiro o alumnado do Obradoiro de Emprego comeza os traballos de reforestación no Monte do Sino

08 Marzo 2023

O alumnado do Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns II – Boiro que realiza o Concello de Boiro durante o curso 2022-2023 comezan os traballos en Monte do Sino. O alumnado está a traballar en tarefas de desbroce, eliminación de especie invasora e reforestación con frondosas.
Participan no Obradoiro un total de 20 alumnos e alumnas repartidos en dúas especialidades “Aproveitamentos forestais” e “Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas” e reciben formación teórica, que se desenvolve no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira, e tamén formación práctica en espazos naturais do municipio como son a contorna do Pazo de Goiáns e do Centro Arqueolóxico de Neixón, o transcurso do Camiño ‘A Orixe’, Monte Peón e Monte do Sino.
O alumando traballador conta cun contrato de traballo para a formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanais durante os 12 meses que dura o programa e en horario de 7.30 a 15.30 horas.
O Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns II – Boiro realizase mediante o financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a realización de obradoiros de emprego na comunidade autónoma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.