Cultura da Deputación convoca o XVIII Premio Jesús Núñez de arte gráfica

22 Marzo 2023

Entre o 2 de maio e o 30 de xuño estará aberto o prazo de presentación de traballos ao XVIII Premio Jesús Núñez de arte gráfica, que convoca a Deputación da Coruña na súa liña de apoio á creación artística.

Dotado con 6.500 euros para a obra gañadora e unha exposición na Fundación CIEC, concede ademais dous accésits, consistentes cada un deles nunha bolsa de matrícula dun módulo do Mestrado de Obra Gráfica impartido pola citade entidade.

Segundo informa a Deputación, poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame. Cada artista terá marxe para presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.

As bases da convocatoria están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 27 de febreiro e poden consultarse e descargarse na ligazón habilitada pola entidade provincial.

Myriam Gesalaga Eizagirre, coa obra Ikatz / Harri II, foi a gañadora na edición de 2022, na que os accésits recaeron en Fátima Conesa Oliva, por El mar recordó, e en Claudia Regueiro Puigdevall, por s/t (open letter). O xurado concedeu, ademais, dúas mencións de honra: para Joan Polo Campalans, por sen título, e para Miriana Pino, por Composizione Polifonica.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.