COGAMI pon o foco nas mulleres e nenas con capacidades diversas cunha nova campaña anti-discriminación

07 Marzo 2023

Coincidindo co 8M, Día da Muller, a confederación COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga puxo o foco de atención nas que viven maior discriminación, encadrándose esta acción na campaña de sensibilización #SomosCOGAMI que visibiliza cada un dos meses deste ano as principais necesidades destes colectivos. No mes de marzo as protagonistas son as nas nenas e as mulleres con diversidades funcionais e cognitivas, por “ser un dos grupos de poboación que máis viven a discriminación social”, por “ser mulleres, por ter discapacidade e por vivir en zonas do rural, entre outras causas”.

COGAMI explica que “a pesar dos avances conseguidos en materia de dereitos nos últimos tempos, as nenas e mulleres con discapacidade enfróntanse continuamente a situacións de violencia, desigualdade, discriminación e prexuízos sociais contra elas”. En palabras de Mónica Álvarez, presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), “nenas e mulleres con discapacidade enfróntanse diariamente a diferentes formas de discriminación que lles imposibilita o exercicio libre dos seus dereitos”.

A muller deste colectivo, engade, “é máis vulnerábel ante os abusos”, e como proba disto, explica, atópase unha enquisa realizada por ACADAR sobre o uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Segundo datos extraídos, o 15,71% das mulleres enquisadas confirmaron ter vivido violencia na Rede: o 44% recibiron comentarios ofensivos sobre o seu aspecto; a un 41% propuxéronlle ter relacións sexuais a través dunha mensaxe non desexada; o 34% recibiu fotografías ou vídeos de contido sexual a pesar de rexeitar estas ofertas e o 37% das mulleres declaran que se lles insistiu en manter algún tipo de relación romántica ou sexual.

Mónica Álvarez apunta que “dada que a violencia dixital é relativamente nova, as nenas e mulleres que viviron ou viven algún episodio non son conscientes de que iso é violencia, facendo difícil a identificación e a abordaxe da situación”.

Atención dende a infancia
Para garantir as mesmas oportunidades, dende COGAMI ven necesario “que se produza unha atención especializada dende idades máis temperás”. Se as nenas e nenos con discapacidade reciben terapias tralo nacemento, colaborarase a que teñan un mellor desenvolvemento co paso dos anos, sendo nesta etapa na que se pode compartir, xogar, estudar e relacionarse sen atopar obstáculos que as limiten.

“É necesario potenciar a participación social dende a nenez, resultando tamén básico contar cunha educación que sexa inclusiva, con recursos humanos e apoios técnicos que permitan que as nenas con discapacidade estean incluídas no sistema educativo, como aposta a nova LOMLOE”, explican fontes da confederación galega, lembrando que durante o ano pasado COGAMI realizou 7 intervencións dirixidas á inclusión educativa obrigatoria e defensa de dereitos de formación inclusiva.

Programas dirixidos ás mulleres

Para combater esta situación discriminatoria, dende COGAMI e o seu movemento asociativo traballan en programas de apoderamento da muller, onde, sinalan, “é preciso rachar cos estereotipos de infantilización e sobreprotección dende os núcleos familiares”. A presidenta de ACADAR apunta que “é importante que nenas e mulleres con discapacidade lideren as súas vidas, tomen as súas propias decisións e poidan exercer os seus dereitos cos recursos e apoios axeitados e que deben garantirse por parte da administración”.

Foron atendidas durante o ano pasado máis de 400 mulleres para diminuír a discriminación e prexuízos que as privan de exercer os seus dereitos. Algunhas das actuacións levadas a cabo foron de apoio, mobilización de recursos públicos e privados, acompañamento a vítimas de violencia, mellora das competencias para o emprego, das habilidades persoais e comunicativas, atención psicolóxica e/ou sexolóxica, entre outras.

Campaña #SomosCOGAMI

Dende COGAMI queren dar visibilidade durante todo este ano 2023 a unha campaña de sensibilización sobre as necesidades que presentan as persoas con discapacidade e familias: “É unha chamada á acción para visibilizar un grupo social que representa o 9% do total da poboación”, sinala a confederación, que no mes de marzo reivindica a autonomía persoal a través do lema Somos Nenas e Mulleres. A iniciativa acompáñase dunha peza audiovisual que se pode ver nas redes.
O resto dos meses, recollerán estas outras reivindicacións:
Abril. Somos Saúde: Impulsamos a correcta intervención sociosanitaria.
Maio. Somos Formación: Impartimos cursos orientados ao emprego.
Xuño. Somos Emprego: Xeramos oportunidades laborais.
Xullo. Somos Lecer: Fomentamos actividades inclusivas.
Agosto. Somos Presente, Somos Futuro: Atendemos ás necesidades da infancia e a xuventude.
Setembro. Somos Accesibilidade;: Deseñamos contornas espazos para todas as persoas.
Outubro. Somos Unión: Traballamos en rede co movemento asociativo.
Novembro. Somos Voluntariado: Animamos á colaboración social.
Decembro. Somos Reivindicación: Contribuímos á participación social en igualdade.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...