Anxos Castro presenta Conversas comigo mesma este venres en Rianxo

10 Marzo 2023

Este venres 10 de marzo, ás 20.30 horas, o salón de actos do Auditorio de Rianxo (primeiro andar) acolle a presentación do libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas da escritora da nosa comarca Anxos Castro Parada e editado por Diverdidad Literaria.

No acto, acompañarán á escritora Nati Abuín (do grupo de pandeiretas Lumieira), Xulio Gutiérrez (escritor) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).

Editado polo selo madrileño Diversidad Literaria, o libro é unha escolma poética de 160 páxinas, en galego e en castelán, na que a autora recolle pezas escritas ao longo de toda a súa traxectoria vital, dende a nenez. Nesta colección vital, Anxos Castro defende a poesía como “a forma máis máxica de comunicación de cantas existen”, que, asegura, “permíteme expresar co que máis me gusta, coa pluma, plasmando sobre o papel todas as miñas emocións”. O libro, explicaba nunha entrevista recente con La Voz, “contén toda a miña traxectoria literaria, desde que tiña 13 anos ata a actualidade, pois sempre fun gardando os poemas que xurdían de todo aquilo que me inspiraba ou me emocionaba”.

O libro foi previamente presentado en Boiro e na Pobra. Agora dáse a coñecer en Rianxo (10 de marzo) e en Ribeira (24 de abril).

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.