A Policía Autonómica e axentes da UIFO esclarecen un incendio forestal no concello de Boiro

17 Marzo 2023

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Santiago de Compostela, en colaboración con axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural, veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 2 de marzo no concello coruñés de Boiro. O lume afectou 1.400 metros cadrados de superficie arborada.

A investigación puxo de manifesto que se tratou dun incendio provocado por unha queima sen as debidas medidas de seguridade por parte da persoa que a estaba a realizar e que contaba cunha comunicación para poder realizala.

A Policía Autonómica remitiu as dilixencias por estes feitos ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ribeira.

Trátase da sexta persoa investigada pola Policía Autonómica na actual campaña como presunta autora de incendios forestais.

Outros artigos

Ribeira reivindica arte local cunha mostra colectiva de 23 artistas

O Centro Cultural Lustres Rivas, espazo vivo de creación e difusión cultural activo dende 2011, acolle este días, por segundo ano consecutivo, unha exposición colectiva de artistas da contorna, fundamentalmente ribeirenses, baixo o título Camiño da arte que está...

+

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión