A Deputación destina 200.000 euros para entidades con funcións de representación sectorial da cultura galega

21 Marzo 2023

A Deputación da Coruña vén de abrir a convocatoria do seu programa FO215/2023, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro con función de representación sectorial e colectiva, a nivel galego, das persoas ou entidades existentes nos diferentes sectores profesionais e afeccionados da cultura galega. A institución provincial investirá neste exercicio 200.000 euros, cun mínimo de 1.500 e un máximo de 30.000 por solicitante. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 19 de abril.

Poderán ser beneficiarios das axudas as entidades privadas sen fins de lucro e con función de representación sectorial e colectiva, a nivel galego, das persoas

ou asociacións que realizan o seu traballo nos diferentes ámbitos profesionais (asociacións representativas das empresas e profesionais das artes escénicas, música, danza, literatura e edición, empresas de xestión cultural…) e afeccionados (federacións de teatro afeccionado, de música e danza tradicional, de bandas de música… ) da cultura galega.

“Estas subvencións”, explica o deputado de Cultura, Xurxo Couto, “renovan a nosa aposta por favorecer o sector cultural en todas as súas dimensións, sempre co obxectivo de promover un tecido asociativo que fai realidade o noso lema de que a cultura é un dereito e, como tal, ten que ser exercido e apoiado”. 

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria realizarase por vía telemática a través de la plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación: https://sede.dacoruna.gal

As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 13 de marzo e poden consultarse e descargarse na seguinte ligazón: i.gal/42ZIq

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...