A Comisión Mixta de Xustiza pide crear o cuarto xulgado de Ribeira

21 Marzo 2023

A Comisión Mixta de Xustiza, presidida por José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente do Tribunal Superior (TSXG), e polo vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, acordou solicitar ao Ministerio de Xustiza a creación de nove unidades xudiciais para Galicia en 2023, unha delas para Ribeira, petición á que se engadiu a creación de dúas novas prazas de maxistrado/a en seccións penais das audiencias provinciais da Coruña e Pontevedra.

O presidente do TSXG, este martes 21 de marzo, na Comisión Mixta

De forma consensuada, a Comisión Mixta demandará, por esta orde, ao Goberno, que aínda non comunicou o número de unidades xudiciais que prevé crear na comunidade este ano (se ben nos últimos exercicios autorizou a posta en marcha de tres), os seguintes novos xulgados e prazas:

  • Xulgado de Violencia sobre a Muller en Santiago, con competencia comarcal (Negreira, Ribeira e Padrón).
  • Unha praza de maxistrado/a na Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña.
  • Unha praza de maxistrado/a na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra.
  • Xulgado de Primeira Instancia na Coruña.
  • Xulgado de Primeira Instancia en Ourense.
  • Xulgado do Contencioso-administrativo en Santiago.
  • Xulgado do Social en Ferrol.
  • Xulgado Mixto en Vilagarcía.
  • Xulgado Mixto en Viveiro.
  • Xulgado Mixto en Ribeira.
  • Xulgado Mixto en Carballo.

Das unidades que a Sala de Goberno do TSXG considera necesarias para a comunidade, priorizáronse “as que teñen maior carga de traballo estrutural, é dicir, non motivada por unha situación conxuntural, que pode ser solucionada a través de reforzos temporais, e cuxa pendencia é máis elevada”. Tamén se tivo en conta, no caso de órganos colexiados, “o feito de que algunhas seccións leven reforzadas desde hai anos ou que só conten con tres maxistrados por sección, o que dificulta o seu normal funcionamento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.