Colocadas tres placas na escultura de Manuel Ayaso na Praza do Concello de Ribeira

14 Marzo 2023

Satisfacendo a vontade de Manuel Ayaso e a súa familia, no día de hoxe se procedeu a colocar tres placas na escultura que, no pasado agosto cadrando co pregón das festas do verán, se descubriu na praza do Concello ante o seu nomeamento como fillo predilecto de Ribeira.
Así, un operario da Brigada Municipal de Obras procedeu a súa colocación. Unha delas recorda precisamente o seu nomeamento, en tanto que outra da fe da autoría da obra en bronce (titulada “O soño de Manuel Ayaso”) por parte de Jontxu Argibay.
Por último, unha terceira placa exhibe unha canción de berce popular que Lucía Rivas, esposa de Ayaso, dedica ao pintor de Aguiño. Di así:

“Si queres que brille a súa
pecha os ollos, meu amor’e,
que mentras os tes abertos
a lúa pensa que hai sol’e”

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.