Unha veciña de Rianxo de idade avanzada foi derivada esta mañá ao CHUS

26 Febreiro 2023

Segundo recolle o Diario de Arousa unha veciña de Rianxo de idade avanzada foi derivada esta mañá ao servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela no helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 con base en ña capital de Galicia.

Ao parecer, ao redor das 10.00 horas, esa anciá sufrira unha fibrilación ventricular cando se atopaba no seu domicilio de Rianxiño, e ata o lugar mobilizouse a ambulancia de Soporte Vital Básico (SVB) da Rede de Transporte Sanitario Urxente (RTSU) con sede na vila rianxeira, co equipo médico do Punto de Atención Continuada (PAC) da vila, que a monitorizou e e iniciou os labores de reanimación para tratar de sacar á muller da parada cardiorespiratoria.

Ampliación: Diario de Arousa

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...