UFD inviste 275.000 euros en obras de mellora da calidade da subministración eléctrica no municipio de Boiro

06 Febreiro 2023

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu 275.000 euros en varias actuacións e obras de mellora
de instalacións eléctricas no municipio de Boiro (A Coruña). A compañía puxo en servizo unha
liña de media tensión aérea entre o lugar de Mosquete, na parroquia de Santa Baia, e o lugar de Escobias,
en Santiago de Lampón, co obxectivo de mellorar a calidade da subministración eléctrica nestas
parroquias. Así mesmo, construíuse un novo centro de transformación.
A distribuidora tamén construíu unha nova liña de media tensión subterránea de 1.400 metros entre
a subestación de Boiro e o Lugar de Ponte Beluso, coa finalidade de optimizar a fiabilidade da subministración
eléctrica na zona. A actuación completouse coa instalación dun novo centro de transformación e
a súa rede de baixa tensión asociada no lugar de Arribada.
A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as
infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente
en zonas rurais, contribuíndo así ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas
condicións de vida.
Para o delegado de UFD na provincia da Coruña, Emilio Castro, “o investimento realizado é unha
proba máis do compromiso desta compañía co desenvolvemento enerxético e económico de Boiro, xa que as actuacións realizadas aumentarán a capacidade da rede de distribución do municipio, ademais de mellorar a fiabilidade da subministración eléctrica e minimizar os tempos de resposta #ante calquera incidencia no municipio.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.