“Sesenta anos a 125 quilómetros de Ribeira”. Antón Luaces

05 Febreiro 2023

Era o 1 de febreiro do ano 1963. Os amigos fixéranme unha despedida. E ao día seguinte embarquei no taxi que guiaba Manolo Méndez. Eramos catro pasaxeiros e o propio Manolo. Naquel tempo só se podía sair de Ribeira en coche propio (non eran moitos os que dispuñan de vehículo de seu), no autobús do Celta ata Santiago, ou no “vapor” a Vilagarcía, amáis dos taxis, alugados polos viaxeiros a un prezo de 50 pesetas a Santiago e 100 á capital da provincia. Eu encaraba o futuro na Coruña e deixaba en Ribeira un traballo consolidado, estudos inacabados, meus pais (tristemente desaparecidos) e os meus tres irmáns (Pepín, Fina e Carlos, este desgraciadamente finado vai un ano), unha chea de amigos e compañeiros de baloncesto e balonmán, de actividades teatrais e de corte artístico variado e, sobre todo, a emisora local Radio Riveira, con José Lino Rivas, Manolo Millán, María de los Ángeles Cores Amigo, María Dolores Folgar, Fernando Cores e unha chea de colaboradores entre os que estaban Mari Martínez Bouzas (miña dona desde 1967 a 1986, ano este no que finou á idade de 39 anos), Juan Fernández Alonso e un longo etcétera de xov es que, desinteresadamente, traballaban arreo para podermos manter o único medio de comunicación que os ribeiráns ou riveirenses podían considerar seu .

Na no taxi de Méndez -non sei se coñecía a algún dos compañeiros de viaxe- falabamos do frío que facía, que era moito. A estrada estaba xeada e cando circulabamos amodo na recta de subida a Palmeira, decatámonos de que a Curota estaba nevada. Ben nevada. E o taxi sen calefacción.

O traxecto foi inesquecible. Especialmente dende Ordes, onde a nevarada era evidente e a baixada de Erves, perigosísima.

O 3 de febreiro de 1963 A Coruña estaba como moi poucas veces se pudera ver antes e nunca vin dempois: a neve cubría ata o mesmo  xardín e parque de Méndez Núñez, co “penacho” das palmeiras totalmente cuberto e as terrazas do que foi o meu centro de traballo (Radio Juventud de Galicia, Radiocadema Española e Radio Nacional de España) ata agosto do ano 2008, 45 anos que pasaron coma nun soño, durante os que visitei sempre que podía á familia e amigos de Ribeira (Lino Rivas, Fernando Llovo, Suso Lijó, Toño Sarasquete, Juan Sampedro, Antonio Patiño, os compañeiros de Radio Riveira)… ata que os principais vínculos comezaron a desaparecer por causas sempre alleas, xa que a ninguén lle gusta morrer e a min morréronme familiares e amigos moi queridos.

Os anos modificaron -e non sempre  para ben- aquela Ribeira que deixara no medio da xeada e a neve fai agora 60 anos.

Ribeira anos 60. Arquivo Joferpa. www.riveira.eu

Hoxendía non teño máis que lembranzas moi definidas do moito perdido e o pouco gañado na Ribeira que se circunscribía na vida cotiá ao espazo comprendido entre Padín, as Casas Baratas, a rúa Colón e Bandaurrío, as praias e o cimeterio de Fafián, as saídas no vapor á illa de Arousa e Vilagarcía, os desprazamentos a distintos lugares -especialmente A Pobra, Rianxo, Santiago, Noia, A Coruña- participando en diversas probas deportivas, exames, etc.

Sesenta anos a 125 quilómetros de Ribeira, coa mochila chea de lembranzas -non todas boas, non todas malas- e varios anos -xa nin os conto- sen pisar as rúas polas que tanto andei a pé e na bicicleta.

Agora teño como pano de fondo algo que daquela non tiñamos: O Barbanza, o dixital que me permite mesmo lembrar que hoxe teño 60 anos máis dos 19 que tiña cando marchei.

Ribeira anos 60. Touro. Arquivo Joferpa. www.riveira.eu

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...