“Salarios dignos” – José Manuel Pena

01 Febreiro 2023

A importancia do incremento do Salario Mínimo Interprofesional é unha medida política que beneficia aos traballadores máis humildes e precarios que se dedican a prestar servizos nas actividades que non se atopan reguladas por convenios colectivos.

É fundamental para os traballadores do campo, a pesca marítima, os traballadores da limpeza do fogar ou a atención a domicilio a persoas dependentes, entre outros sectores de actividade non regulados legalmente por unhas condicións salariais máis beneficiosas. Poder tamén garantir un salario, máis ou menos digno, evitando que se poida embargar o mesmo ante calquera tipo de débeda económica contraída de boa fe.

A enorme desigualdade social que hai no noso país, así recoñecida por parte da propia Unión Europea e outros organismos internacionais, pon en evidencia a moitos traballadores que, por moitas horas que dediquen á súa actividade laboral, continúan sendo pobres, de aí a importancia de ter dereito a un salario digno, o suficiente para poder subsistir e non ser considerado como un paria da sociedade.

Os 1.080 euros actuais do SMI seguro que non é suficiente para poder chegar a final de mes. A pesar diso hai empresarios ou empregadores, os menos quizais, que se queixan do seu incremento anual porque limitan as marxes dos beneficios empresariais.

Beneficios, por certo, que non se reparten entre os traballadores de todas as categorías profesionais que forman parte da empresa senón entre os conselleiros, directivos ou os responsables dos departamentos correspondentes.

Outros artigos

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

+

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

+

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.