As rúas da cidade ribeirense viviron na noite deste mércores 22 de febreiro un multitudinario enterro do Felipe este Mércores de Cinza, na antesala da celebración esta fin de semana das actividades previstas para o Pequeno Entroido.

Así, o Felipe, que foi previamente elaborado polos usuarios do módulo de carpintería da UAD, saíu en acompañamento ás sete e media da tarde dende a praza do porto para desfilar a ritmo da charanga Os Celtas de Baña polo Malecón, praza da Concordia, rúa Galicia e rúa Manzanares ata chegar á praza dos Mariñeiros, onde se procedeu á súa incineración.

Unha vez finalizado o sepelio celebrouse na carpa da explanada do porto unha degustación de doces de Entroido.

Ruta de tapas e festa infantil
Coa finalidade de rematar as festas este sábado e domingo está prevista a celebración sábado e domingo, de 12 a 15 horas dunha ruta de tapas con seis establecementos participantes. Ademais, o sábado de 17.30 a 20 horas haberá unha festa infantil na carpa municipal de usos múltiples.

Por último, o domingo nesta mesma carpa terá lugar a celebración do Día da Xuventude entre as 16 e as 21 horas, con actividades vinculadas á gastronomía saudable, sensibilización ambienta, igualdade de xénero, grafiti, habilidades para a empregabilidade, lecer educativo e amenización musical da man de Recho.




