Publicadas as datas de exame para 35 oposicións e máis de 900 prazas de emprego público

03 Febreiro 2023

A Xunta de Galicia publicou hoxe as datas de exame para 35 oposicións e máis de 900 prazas de emprego público co obxectivo de que os aspirantes poidan planificar a súa preparación.
Os exames afectan a 35 procesos, que son todos os que estaban pendentes de comezar afase de exames. O desglose é o seguinte: 24 no mes de xuño, 9 en xullo e dous reservados para persoas con discapacidade intelectual que se realizarán no mes de outubro. En total, hai máis de 40.000 aspirantes inscritos para estas oposicións.
Calendario
No mes de xuño terán lugar os exames para 218 prazas de emprego público e todos se realizarán en Santiago de Compostela. Na segunda semana de xuño realizarase o primeiro exame para Química (A1) e Química (estabilización), Arquitectos (A1) e Arquitectos (estabilización), Enxeñería industrial (A1) e Enxeñería industrial (estabilización), e Arqueólogos.
Na terceira semana de xuño será a quenda de Enxeñería de Minas (A1), Arquivos (A1), Bibliotecas (A1), Bibliotecas (promoción interna), e Museos (A1), Arquitectos técnicos (A2) e Arquitectos técnicos A2 (estabilización); Escala de xestión de sistemas da información A2 (estabilización); Enxeñería técnica industrial A2 e Enxeñería técnica industrial A2 (estabilización); Enxeñería técnica de obras públicas A2; Enxeñería técnica de Minas A2; Bibliotecas (A2); Museos (A2); e Arquivos (A2). E xa na cuarta semana terá lugar o primeiro exame para Axentes de inspección C1 (vixilancia de estradas) e Axentes de inspección C1 (dominio público hidráulico).
En canto ao mes de xullo, na primeira semana realizarase o primeiro exame para o Corpo Superior (A1), o Corpo de Xestión (A2), o Corpo Administrativo (C1) e o Corpo Auxiliar (C2). Os exames serán no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda. Na segunda semana será a quenda de Finanzas (A2), a Escala técnica auxiliar de informática (estabilización), Auxiliar de clínica (C2), Auxiliar coidador (C2) e Agrupación profesional de persoal subalterno. Todos terán lugar en Silleda agás o de Finanzas e o da Escala técnica
auxiliar de informática (estabilización) que serán en Santiago de Compostela. No mes de xullo a Xunta realizará exames para acceder a 650 prazas.

Finalmente, na primeira semana de outubro en Silleda será a quenda da agrupación profesional de persoal subalterno reservada para persoas con discapacidade intelectual e para o Corpo Auxiliar (C2) tamén reservado para persoas con discapacidade intelectual.
En total, 33 prazas. O calendario pode consultarse na web da Xunta a través do seguinte enlace:
http://www.xunta.es/dxfp/Xenericos/NOTA1exer2023.pdf .

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.