Para marzo de 2024 Bruxelas quere eliminar a pesca de arrastre no 20% de augas da Unión

21 Febreiro 2023

A Comisión Europea eliminará gradualmente a pesca de arrastre de todas as zonas mariñas protexidas da Unión Europea (UE) para 2030, un obxectivo que require, como paso intermedio, que os Estados membro detallen as zonas nas que este método poida deixar de usarse con medidas concretas para a xestión de polo menos un 20% das súas zonas mariñas, que deberán estar definidas para marzo de 2024.

O comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, explicou este martes que pretenden restaurar os ecosistemas mariños e reducir o impacto das actividades pesqueiras no medio ambiente mariño. O plan pretende reducir o impacto da pesca nos fondos mariños dada a súa importancia como puntos quentes da biodiversidade mariña da UE, polo que a Comisión pide aos Estados membro que Bruxelas pide eliminar a pesca de arrastre en todas as augas protexidas da UE para 2030 propoñan recomendacións conxuntas e adopten medidas nacionais para eliminar gradualmente a pesca de fondo móbil en todas as zonas protexidas, como moi tarde, en 2030 e non permitila en ningunha de nova creación.

As primeiras medidas deberían tomarse xa en marzo de 2024 para os lugares Natura 2000 da Directiva sobre hábitats que protexen os fondos mariños e as especies mariñas.

Este paquete de políticas marítimas inclúe catro documentos: unha avaliación da Política Pesqueira Común, unha avaliación da organización común de mercados dos produtos da pesca e a acuicultura, un Plan de Acción para protexer e restaurar os ecosistemas mariños para unha pesca sostible e resistente e unha estratexia para a transición enerxética do sector pesqueiro da UE.

Para mediados de 2023 os países da UE deberán finalizar o límite para a extensión máxima admisible de leito mariño que pode perderse ou verse afectada negativamente pola presión humana e terán que adoptar “sen demora” medidas nacionais ou, no seu caso, presentar recomendacións conxuntas para aplicar estes limiares.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...