Os socialistas de Ribeira solicitan o arranxo das roturas no firme de varias rúas humanizadas da cidade

24 Febreiro 2023

Os socialistas de Ribeira, a través do seu concelleiro-portavoz José Manuel Vilas, presentaron un rogo para ser debatido en pleno relativo ao estado no que se atopa o rueiro de varias zonas da cidade, logo das das obras de pavimentación recentes alí realizadas, que, segundo apunta o PSOE, “presentan eivas evidentes no remate do seu firme, o que está a causar molestias á cidadanía”. O grupo recoñece ter recibido queixas da veciñanza “ante a constatación do desgaste do pavimento continuo, en apenas un ano da actuación realizada, malia que o formigón é un material que pode durar 100 anos sen deterioro”.

Eivas no firme do Parque García Bayón

Os socialistas que din as deficiencias preséntanse con forma de “coqueiras, descalces, degradación, agretado da calzada, eivas motivadas por un proceso de fraguado do formigón insuficiente, por unha composición do formigón inadecuada, ou polas imprimacións de resina non axeitadas”. No seu comunicado engaden que o control das condicións de traballo e o emprego das ferramentas e técnicas construtivas axuda a evitar problemas nas obras, e tamén dotacións, os tempos entre capas e os tempos de entrada en carga son fundamentais para unha solución duradeira no tempo”.

O PSOE sinala que as tramas urbanas seguen nas mesmas condicións sinaladas a día de hoxe, “pese a ter sido obxecto de varios arranxos, polo que de maneira indiscutíbel as rúas están a ser desatendidas por parte da Administración local”.

En virtude de todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista PSdeG- PSOE, fai ao equipo de Goberno do Concello de Ribeira o seguinte rogo:

1.- Que requira as contratas pertinentes a reparar as obras e traballos mal executados, na rúa Miñoteiro, rúa Romero Ortíz, Paseo das Carolinas, Parque García Bayón, rúa de Lugo, entre outras, co fin de “plasmar nelas a calidade de obra pretendida”.

2.- Que por parte da Delegación de Urbanismo, ou persoal director de obras, se faga un control mais exhaustivo durante a execución das obras licitadas e proxectadas polo Concello de Ribeira.


Roturas na rúa Miñoteiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.