Os empresarios de Ribeira entregarán 1.500 euros en premios coa campaña Días Tolos

22 Febreiro 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira puxo en marcha unha nova campaña para incentivar as compras nesta recta inicial de ano, logo da época do Nadal e da importante actividade comercial xerada durante esta festividade. A patronal ribeirense que preside Francisco Martínez Gude presentou este mércores 22 de febreiro a campaña Días Tolos no Comercio de Ribeira. Segundo se fai saber nas bases da iniciativa, os comercios participantes van facer grandes descontos os días 24 e 25 de febreiro (venres e sábado).

Cos tíckets destes días, os clientes poderán realizar unha tirada na ruleta que estará na praza do Concello o sábado 25 desde as 11:30h. e terán a posibilidade de gañar moitos agasallos (haberá máis de 1.500€ en premios): vales de compra, plantas, chapeus, cuncas, tíckets de aparcadoiro….ata esgotar existencias.

Esta campaña está subvencionada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.