O rianxeiro Mingos Rial presenta este sábado a novela Velas al viento na súa terra

07 Febreiro 2023

O sábado 11 de febreiro, ás 19.30 horas, o salón de actos do Auditorio de Rianxo vai dar acollida á presentación da novela de Mingos Rial Velas al viento. No acto contarase coa presenza do autor rianxeiro e estarán acompañándoo Ana Rivas, Octavio Romero, María Dolores Rial e Paqui Espiño.

Velas al viento (Círculo Rojo) é unha novela de ficción, ambientada nos anos 1.700 ao 1.800, con pequenos relatos reais do autor.

Polo que respecta ao autor, Mingos Rial, naceu o 6 de novembro de 1966 na parroquia de Taragoña, en Rianxo. Cursou estudos no Daniel Alfonso Rodríguez Castelao. É un gran afeccionado á lectura e á escritura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.