O PP de Ribeira esixe ao voceiro do PBBI unha desculpa polos insultos proferidos á concelleira Elvira Pereira

28 Febreiro 2023

O Grupo Popular de Ribeira emitiu un comunicado no que condena de xeito enérxico os insultos proferidos polo voceiro do Partido Barbanza Independente, Vicente Mariño de Bricio, á concelleira delegada de Cemiterios, Parques e Xardíns e Medio Ambiente, durante a celebración do pleno ordinario deste luns 27 de febreiro, no punto 11 da orde do día, o relativo ás melloras no paseo de Coroso. Foi no debate deste punto cando o líder da dita agrupación proferiu a seguinte declaración a conto da concelleira:

“Señora Virucha, señora Elvira Pereira, la admiro y la aprecio a pesar de todo, pero para mí a estas horas usted es peor que un adoquín, con todo el respeto a los adoquines porque los adoquines aún sirven para algo”*.

O Partido Popular fai saber no seu comunicado que “con esta expresión o señor Mariño denigra e despreza a Elvira Pereira como persoa e como muller”. E engádese: “Se xa é grave de por si realizar en calquera ámbito este tipo de declaracións, que reflicten evidentes signos machistas, moitísimo máis o é cando se fai como representante electo do pobo no órgano máis importante da administración municipal.

No comunicado o Partido Popular sostén que se ben todos os grupos da Corporación “estamos acostumados a que, pleno tras pleno, Vicente Mariño busque crispar as sesións por medio de toda clase de insidias e ofensas, a desconsideración, a soberbia e o menosprezo que translocen as palabras do señor Mariño na sesión deste 27 de febreiro non admiten ningunha xustificación”.

“A falta dunha semana do Día Internacional da Muller, comprobamos con estupor e tristeza como certos ademáns e actitudes que deberían estar sepultadas no pasado máis vergoñoso aínda perduran nalgún membro deste Concello”, engaden os populares, concluíndo que sería desexábel “unha desculpa pública por parte de Vicente Mariño de Bricio a Elvira Pereira Ageitos”, e que “prometa absterse no futuro en entrar de novo en descualificacións persoais cara á señora Pereira ou cara a calquera outro membro da Corporación Municipal de Ribeira, alomenos durante o exercicio das súas funcións como edil”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...