“O peor tramo xa pasou”. Luís Celeiro

04 Febreiro 2023

A universidade é un ben necesario, importante e seguro. É un medio para transformar a sociedade e para seguir -a cada instante- os cambios sociais, os cambios estruturais, os cambios, sen máis. Para seguilos e para promovelos. A universidade, o estudo, a formación,
a discusión, o diálogo, a investigación, o coñecemento e a transmisión do mesmo son labores importantes e que, por certo, recaen no traballo e na vontade das mozas e mozos deste tempo que se ve novo e esplendoroso.
A universidade en Galicia reparte as súas forzas nas catro provincias, en tres universidades e sete campus, sete espazos na procura da prolongación dos saberes, na conquista de saberes novos e no asentamento e na confianza do saber adquirido. Tres universidades, internacionalmente coñecidas e valoradas, para darlle pulo á educación e á formación da cidadanía, e para agrandar a importancia do futuro, as relacións entre a veciñanza, entre os pobos e entre os homes e as mulleres do mundo mundial.
A Universidade con maiúsculas e os Medios de Comunicación (tamén con maiúsculas) son, a bo seguro, dous dos alicerces da liberdade e do progreso económico, cultural e social, en tempos de eleccións, pasados estes tempos ou á espera deles. Son entes para garantir a liberdade, a pluralidade e a equidade. Sen eles, ou sen un deles, o camiño entraría en zona escura e a visibilidade tornaríase en imposible.
En Galicia, cando os tempos son chegados, temos universidades e universitarios capaces de transformar os andares enviciados. E temos, para orgullo de nós, medios de comunicación dispostos, capaces e preparados para contalo, para explicalo e para recordalo cando faga falta.
As novas tecnoloxías e o seu poderío alentaron e abrigaron unha revolución que segue en marcha e que está modificando substancialmente as relacións dos medios de comunicación coa súa audiencia e as relacións das universidades cos seu públicos, cos estudantes, cos profesores e o Persoal de Administración e Servizos, coas empresas, coa investigación, cos concellos, autonomías e o Estado.
Moitos interpretan que se trata dunha revolución para restrinxir as liberdades, que omite unha boa parte da información, que se ampara na robótica e nos ditados da intelixencia artificial. Outros, á intemperie, observan o alento do futuro, que vai ou vén en camiño e que, como di a Tía Manuela, “o peor tramo, o das curvas máis perigosas, xa o pasou”.

Outros artigos

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

+

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado...

+

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.