O Lustres Rivas exhibirá as obras do 16º premio Luís Ksado de creación fotográfica

01 Febreiro 2023

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira vai exhibir a partir deste venres 3 de febreiro unha exposición formado pola colección gañadora e as coleccións finalistas do 16º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica que convoca a Deputación Provincial da Coruña.
A apertura da mostra terá lugar ás 12 do mediodía e permanecerá exposta durante todo o mes de febreiro, de luns a sábados. A entrada é gratuíta.
Esta décimo sexta edición está composta por un total de 65 instántáneas. A colección gañadora e dotada con 6.500 euros de premio correspondeu a un traballo sobre os incendios forestais en Galicia de Brias Lorenzo titulado “Lume”. Tamén se amosarán outras cinco coleccións con capturas sobre a erupción do volcán de La Palma, a inmigración, a mocidade, o Entroido ou os paisaxes urbanos.
A Concelleria de Cultura contará co catálogo da exposición para que os visitantes o consulten, ademais de agasallar aos centros educativos do municipio que o soliciten enviando un correo electrónico ao enderezo culturaefestexos@ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.