O Concello de Porto do Son segue nesta recta final do inverno despregando novos esforzos e recursos para a mellora de infraestruturas, accesos e servizos, poñendo o foco en fortalecer a seguridade de estradas, camiños e beirarrúas e tamén na accesibilidade e a comodidade dos usuarios. Desta volta, os traballos centráronse nas parroquias de Queiruga (ampliando e mellorando o viario en Tarrío), de San Pedro (iniciándose as tarefas para acondicionar os accesos do núcleo de Seráns), en Baroña (co acondicionamento da contorna do parque de Penas) e en Caamaño (co acondicionamento dos camiños xerais da parroquia, e coa posta a punto dos vieiros en Feal e Corzo).

Traballos de ampliación e mellora de vial en Tarrío, Queiruga

Acondicionamento de accesos en Seráns, San Pedro

Mellora da contorna do parque de Penas, en Baroña

Acondicionamento dos camiños en Caamaño.

Acondicionamento de camiños en Caamaño, nos núcleos do Feal e Corzo



