O comercio de proximidade pode solicitar a partir deste 1 de marzo as novas axudas de dixitalizacion da Xunta

28 Febreiro 2023

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, presentou este martes 28 de febreiro en Vilagarcía os detalles das novas axudas autonómicas para a dixitalización do comercio de proximidade e os obradoiros artesáns. Fíxoo no transcurso dun encontro enmarcado no ciclo Networking Galicia Empresa, organizado en colaboración coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Conde explicou que o orzamento é de 3 millóns de euros para financiar, entre outras accións, plans transformadores de mercadotecnia dixital, servizos de loxística, posicionamento a través de páxinas web, ou xestión de redes sociais, ademais de axudar á adquisición de equipamentos, para o cal as axudas poden ser de ata 5.600 euros.

Segundo dixo durante esta xuntanza co tecido empresarial en Vilagarcía de Arousa, “trátase dunha liña de apoios para fomentar que o sector do comercio e da artesanía poidan aproveitar todas as vantaxes da tecnoloxía e a venda en liña para poder estar dispoñíbeis os 365 días do ano en calquera lugar do mundo”.

Conde subliñou que a dixitalización e a sustentabilidade “son dous retos que afronta o tecido empresarial galego” e que a Xunta” traballa para que as empresas e os autónomos atopen un camiño fácil para desenvolver os seus plans de negocio”.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.