O BNG denuncia a autorización do Goberno do PP á empresa mineira de San Finx a verter residuos industriais ao río Pesqueira

22 Febreiro 2023

 O BNG levou ao Parlamento a autorización que vén de dar o Executivo do PP para o vertido de residuos da empresa mineira de San Finx ao río Pesqueira sen a obrigatoria avaliación de impacto ambiental.

A portavoz de Pesca, Rosana Pérez, trasladou a inquedanza da xente do mar da ría de Muros e Noia “e o conxunto da sociedade dunha comarca que está alarmada por esta autorización de Augas de Galiza”. Un permiso sobre do que xa advertira a propia Dirección Xeral de Planificación Enerxética da Consellería de Industria, que textualmente recolle a necesidade “de que se teña aprobado un proxecto de explotación completo, avaliado ambientalmente e con todas as autorizacións necesarias para a súa execución”.

A día de hoxe estase a autorizar, denunciou a deputada do BNG, “600.000 metros cúbicos ao ano de augas residuais  acumuladas nas galerías da mina sen avaliación de impacto ambiental”. Augas, detallou, con altas concentracións de cadmio, cobre e zinc, “que serán bombeadas ao río e que acabarán na ría”.

Esta autorización por parte do Goberno do PP, argumentou a portavoz de Pesca, é o paso previo á explotación futura dunha mina “que nunca se someteu á obrigatoria avaliación de impacto ambiental”, recriminou. Un informe que xa lle fora requirido á empresa antes do 2009 por parte do goberno bipartito cun prazo de 3 meses e que non presentou.

“O concello de Noia, co seu alcalde do PP á cabeza, o PP de Outes, as confrarías da ría e a sociedade da comarca no seu conxunto piden a suspensión desa autorización”, declarou a parlamentaria nacionalista, que criticou que esta decisión do Executivo do PP pon en risco ata “1.600 postos de traballo directos” co obxectivo de “favorecer a unha empresa amiga que vai contaminar e destruír aquí e levar os beneficios a outro lado”, concluíu.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...