O BNG acada un acordo para que a Xunta active o observatorio galego da igualdade no sector pesqueiro

28 Febreiro 2023

O BNG logra o acordo do Parlamento para que a Xunta “cumpra decontado co seu compromiso para activar o Observatorio galego da igualdade no sector pesqueiro”. O acordo, que foi unánime, dá azos á posta en marcha definitiva dun servizo chamado a derrubar discriminacións de xénero nos ámbitos pesqueiro, marisqueiro e acuícola.

A deputada do BNG, Carmela González Iglesias, declarou que “tras celebrarse eleccións para a renovación dos órganos de goberno das confrarías e federación de pescadores galegas, só tres teñen hoxe ao fronte unha muller, unha representación que non reflicte o peso das mulleres no sector do mar xa que as mulleres constitúen o 29,3% das persoas socias das confrarías, o que fai aínda máis necesaria a pronta implantación deste observatorio”.

De feito, incidiu González Iglesias, a presenza das mulleres nos órganos de dirección das confrarías reduciuse nestas eleccións, pasando de 5 patroas maiores elixidas nas eleccións de 2018 á só 3 nestas últimas. Unha discriminación “que as mulleres sofren no seu traballo día a día”, criticou a deputada nacionalista, xa que situación da muller no sector do mar segue a ser “profundamente desigual”. Polo que é preciso, emprazou, acadar “un sector pesqueiro sen discriminación, que é unha débeda con miles de mulleres invisibles”.

Unha situación de discriminación, argumentou a parlamentaria do Bloque, na que só o 29,3% das persoas socias das confrarías son mulleres. “Pasaron xa catro meses e non escoitamos ningunha análise ou valoración en chave de xénero sobre isto por parte do Executivo do PP. Ninguén fixo ningunha valoración deste resultado”, recriminou, engadindo que “a escasa presenza das mulleres nos órganos de dirección do sector do mar en Galiza é o reflexo da súa situación de desigualdade”.

A maiores, a deputada viguesa cualificou o traballo do Goberno do PP no eido da igualdade como “cuestionábel” e denunciou a actitude da conselleira do Mar “pola súa negativa a ampliar o número de mulleres no Consello Galego de Pesca”. Ademais, emprazou á Xunta a dar cumprimento “de xeito inmediato a este acordo, porque non temos ningunha necesidade de agardar máis”.

O observatorio, dixo, terá o cometido de elaborar “un mapa da actual situación da muller no sector do mar” e “visualizar a todas estas mulleres hoxe invisíbeis”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.