Marisol Boga encabezará a lista do PP de Dodro nas eleccións municipais do mes de maio

25 Febreiro 2023

A dirección do Partido Popular na provincia da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, avalou a Marisol Boga como candidata dos populares no Concello de Dodro nas eleccións municipais do próximo mes maio.
Nada en Dodro (1965), a nova cabeza de lista dos populares coñece á perfección a actividade política local, tendo en conta que leva dezaseis anos como concelleira, os catro primeiros na oposición, oito como tenente alcalde e responsable da área de servizos sociais e os catro últimos tamén na oposición.
Boga decidiu dar o paso á primeira liña da política municipal avalada e apoiada pola dirección provincial e despois de que o partido lle mostrase total confianza para liderar un proxecto que ten como obxectivo gañar as eleccións en Dodro e recuperar a alcaldía perdida no ano 2019.
Neste sentido, a líder dos populares no municipio comprometeuse a confeccionar un proxecto “amplo” no que, asegurou, terán cabida todas aquelas persoas que compartan a ilusión de presentar unha alternativa “seria e ambiciosa” coa que poñer punto e final a un Goberno Municipal sen proxecto e incapaz de propoñer medidas para deseñar o futuro do Concello de Dodro.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.