Luns con chuvia cara a noite e martes pola tarde

19 Febreiro 2023

Durante o luns a entrada de aire frío en capas altas da atmosfera dará lugar a un aumento da inestabilidade. Con esta situación, agárdanse néboas matinais que darán paso a ceos con alternancia de nubes e claros.

Durante a tarde aumentarán as nubes polo sur, deixando chuvascos máis probables e intensos no sur e leste da Comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, con lixeiros descensos das máximas na provincia de Ourense. Os ventos soprarán de compoñente leste, con algún intervalo forte a primeiras horas arredor de Bares. Co avance do día irán virando ata quedar de compoñente sur á noite.

O martes predominará a inestabilidade atmosférica, polo que agardamos unha xornada de ceos nubrados con chuvascos máis probables na segunda metade do día. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo do suroeste.

meteogalicia

o noso mar: Vento do leste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá e 1 a 2 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e mar rizado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:534.1 m
Baixamar10:110.2 m
Preamar16:253.8 m
Baixamar22:230.4 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:464.0 m
Baixamar10:020.3 m
Preamar16:143.8 m
Baixamar22:150.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:514.0 m
Baixamar10:070.2 m
Preamar16:203.8 m
Baixamar22:200.4 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...