Homenaxe a Manuel Murguía da Real Academia Galega co gallo do centenario do seu pasamento

01 Febreiro 2023
A Coruña O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asisten á homenaxe a Manuel Murguía organizada pola Real Academia Galega co gallo do centenario do seu pasamento 01/02/2023 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na Coruña nos actos para homenaxear ao escritor Manuel Murguía co gallo do centenario do seu pasamento, que se celebra mañá, 2 de febreiro, onde anunciou que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades está a preparar unha edición especial co único discurso pronunciado en galego polo autor nos xogos florais de Tui de 1881.

No transcurso da conmemoración, na que tamén participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e que incluíu unha homenaxe no cemiterio de San Amaro e un acto institucional no Pazo de María Pita, o responsable autonómico de Cultura referiuse ao escritor como “un piar fundamental no esplendor creativo da lingua galega” que 100 anos despois do seu pasamento segue moi presente na cultura e na identidade galega. “A nosa obriga é facer o posible para seguir poñendo en valor o seu legado”, engadiu Román Rodríguez.

Neste senso, puxo en valor o importante compromiso de Murguía con Galicia e destacou o decisivo papel que desempeñou no impulso do Rexurdimento, na salvagarda do legado literario de Rosalía de Castro ou na creación da Real Academia Galega, da que foi o primeiro presidente. “Non podemos imaxinar a cultura galega sen o seu esforzo, que fixo posible que a obra de Rosalía de Castro chegase ata nós e goce do destacado lugar que ten hoxe en día”, precisou o conselleiro.

A CoruñaO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asisten á homenaxe a Manuel Murguía organizada pola Real Academia Galega co gallo do centenario do seu pasamentoActo institucional no salón de plenos do Concello01/02/2023Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.