Extinguido o lume de Lariño (Carnota)

14 Febreiro 2023

A Consellería do Medio Rural informou da extinción definitiva (sobre as 10.00 horas deste martes 14 de febreiro) do incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño.

Como lembraremos, lume orixinouse ás 15,07 h. do domingo, a causa dun vehículo que comezou a arder na estrada e logo pasou a terreo forestal. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 124,24 hectáreas, das cales 102,6 foron de monte raso e as 21,64 restantes de arborado. Para o seu control mobilizáronse en total 2 técnicos, 13 axentes, 20 brigadas, 13 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.

Outros artigos

Falece un motorista que se accidentou en Carnota

Pasadas as 21:40 horas do sábado, un particular informou ao 112 Galicia de que acababa de atopar unha moto accidentada fóra da estrada á altura do quilómetro 87 da AC-400, en Santa Comba (Carnota). O implicado estaba a carón do vehículo e precisaba asistencia...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.