Derrubado un dos muros exteriores da Casa da Xuventude de Ribeira e recuberto o chan da parte traseira

06 Febreiro 2023

O Concello de Ribeira fixo un novo balance das obras que se están a realizar na Casa da Xuventude de Galicia, cuxo aspecto exterior, informou o Consistorio, vén de “experimentar un cambio significativo logo de proceder á demolición do muro situado na parte frontal do edificio, e o recubrimento do chan na parte traseira”. O obxecto desta obra reside en mellorar a integración do inmóbel no entorno ao tempo que se crean tres pequenas prazas con acceso dende a vía pública, dúas das cales resultarán das dúas intervencións antes descritas.

O Concello lembra que está pendente unha terceira praza a través do derrubo doutro tramo de muro na parte lateral que mira á travesía que separa o edificio do Colexio Galaxia.

O Concello sinala que estas actuacións están sendo efectuadas pola empresa Civis Global, en tanto que da man da Brigada Municipal de Obras tamén se está a traballar no interior do edificio para reconverter un dos seus albergues nunha sala de usos múltiples (mantense o outro con capacidade de 22 prazas).

Ademais, engade o Concello, nos últimos meses executouse unha actuación que tivo por obxecto mellorar a súa impermeabilización, ademais de sanear humidades e filtracións de auga e reparar as instalacións de electricidade e fontanería.

Outras melloras en Abesadas

Xunto a esta reforma da Casa da Xuventude, dende o Concello se están emprendendo outras iniciativas de “mellora en Abesadas”, entre as que se contan a próxima conexión do barrio coa zona dos Xulgados a través da ampliación da rúa Barbanza, a construción do novo Auditorio, a renovación do pavimento do parque de Abesadas, a cuberta do parque infantil, a dotación de luminarias e asfaltado a un dos estacionamentos gratuítos, a mellora do firme na rotonda da Poutada e nas vías lindeiras, ou a apertura dunha senda ata o parque de San Roque paralela ao río Pedrín.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...