Deloa presentou en Noia o seu programa formativo en mercadotecnia dixital e cooperativismo

09 Febreiro 2023

A Asociación Deloa e o Concello de Noia presentaron o programa de formación en mercadotecnia dixital e cooperativismo que prepara no municipio (e na comarca do Barbanza) a dita asociación. A cita foi no Edificio do Casino e tivo formato de xuntanza informativa para coñecer con máis detalle esta iniciativa. Segundo se fixo saber, as inscricións aínda están abertas e poden formalizarse a través de número de teléfono 981 817 000.

O programa

A Asociación Deloa, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), vai pór en marcha nos concellos da comarca do Barbanza unha acción formativa centrada na mercadotecnia dixital e no cooperativismo.

Este programa, sinala Deloa, é “unha gran oportunidade de incorporación ao mercado laboral para mozas e mozos entre 16 e 29 anos, xa que poderán adquirir todos os coñecementos para crear unha cooperativa de servizos de marketing en liña e aprender da e dos mellores profesionais e coñecer os seus casos de éxito”.

Deloa está a desenvolver estes días xuntanzas informativas nos concellos onde se vai desenvolver a formación: Boiro, Rianxo, Rois, Dodro, Noia, Lousame e Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.