Comeza o pavimentado e mellora da accesibilidade na rúa Monumento en Ribeira

28 Febreiro 2023

O Concello de Ribeira informou do inicio das obras de pavimentación e mellora da accesibilidade na rúa Monumento: unha intervención que está sendo realizada pola empresa Nemesio Ordóñez e comporta un investimento de 43.971 euros.

De acordo co proxecto técnico elaborado polos servizos municipais, os obxectivos principais residen en mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade nunha rúa que, segundo informou o Concello, “ten un pavimento bastante deteriorado e unhas beirarrúas cuxos bordos non están rebaixados nalgúns pasos de peóns, o que dificulta o tránsito peonil, especialmente por parte das persoas con mobilidade reducida”.

Para mellorar este estado vaise estender unha nova capa de mestura bituminosa en quente previo fresado do firme actual, en tanto que as beirarrúas serán demolidas en todas as zonas onde “será preciso rebaixalas de xeito que cumpra cos requisitos de accesibilidade esixidos na normativa vixente”, engadiron fontes do Consistorio.

O prazo de execución é dun mes e medio. A actuación forma parte do Plan POS+ 2022 da Deputación.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...