O 112 Galicia rexistrou unha colisión en Porto do Son, concretamente na AC-550, ao paso por Goiáns, na que se viron implicados un coche e un camión e no que resultou ferida unha persoa.
Para a atención do ferido, activáronse os servizos sanitarios de urxencia, e tamén pediuse a colaboración dos Bombeiros de Ribeira e os membros do GES de Noia.
Da seguridade na vía ocupáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.




