Boiro inaugura este sábado unha mostra
sobre a memoria histórica do municipio

08 Febreiro 2023

O Concello de Boiro elabora unha exposición fixa ao aire libre que recolle a memoria histórica do municipio e estará instalada na praza de Cimadevila, a carón do Cuartel Vello. O alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Memoria Histórica, Dores Torrado; o autor dos textos, Xosé Deira; o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, Carlos Cimadevila; e o membro da comisión, Xoán Hermida; presentaron esta mañá o proxecto.
O obxectivo desta exposición é recuperar a memoria histórica, patrimonial, cultural e social de Boiro. O Camiño Real foi unha das primeiras vías de comunicación do municipio e que recolle moitos elementos patrimoniais e de memoria colectiva, especialmente na zona de Cimadevila. “Esta mostra ao aire libre é o froito de moitos anos de traballo, de documentación, de recollida de información e de esforzo por parte da administración local e colectivos”, recoñeceu a concelleira Dores Torrado.
A mostra estará composta por catro paneis que recollen a información das 22 persoas represaliadas que ata a actualidade foron homenaxeadas no monumento dos mártires situado na rotonda de Cimadevila. Os textos están escritos por Xosé Deira e buscan “ser un recoñecemento para todos aqueles que nos precederon na vida política de Boiro, persoas que deron a súa vida polas súas ideas e foron represaliados polos seus valores”, afirmou Deira.
Por parte da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza agradeceron o esforzo e compromiso do Concello en recuperar a memoria histórica do pobo, algo que “ten un significado moi importante sobre todo para as familias, que ven recuperado o espazo público”.
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, convidou a toda a veciñanza a participar na inauguración da mostra terá lugar o vindeiro sábado día 11 de febreiro de 2023 ás 12.00 horas na Praza de Cimadevila, a carón do Cuartel Vello. “Imos ver un gran traballo que se veu realizando para recuperar a nosa memoria histórica, social, cultural e colectiva… a memoria de Boiro”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.