Boiro acolle o domingo 5 de febreiro a XX Regata Contra Reloxo

01 Febreiro 2023

O Concello de Boiro colabora co Club de Remo de Cabo de Cruz na organización da XX Regata Contra Reloxo Cabo da Cruz que terá lugar este domingo 5 de febreiro no Peirao de Cabo de Cruz. Na presentación, que tivo lugar esta mañá, participaron a concelleira de Deportes, Dores Torrado, e o
presidente do club, Luís Piñeiro, que estiveron acompañados de outros membros da directiva.
A regata realizarase na modalidade Contra Reloxo e van participar todos os equipos masculinos e femininos na categoría de absolutos/as, veteranos/as, mixta e de base. Ás 10.00 horas terá lugar o remo de mar e ás 11.30 horas as traiñeiras. “Contamos coa participación de 40 embarcacións e unhas 20 en
remo de mar, unha modalidade que incluímos este ano”, afirmou o presidente do club Luís Piñeiro.
A concelleira de Deportes, Dores Torrado, convidou a todo o mundo a achegarse a ver esta proba que marca o inicio do calendario do remo no noso municipio e que vai pola súa XX edición “algo que é froito do gran traballo do club e que ademais inclúe unha nova modalidade como é o remo de mar”.
Ademais a concelleira recoñeceu que “a celebración desta proba supón un impulso económico para o noso municipio xa que participan equipos que veñen de municipios de todo o territorio nacional”.
O novo presidente do club, Luís Piñeiro, aproveitou a comparecencia para falar dos obxectivos da nova directiva e que pasan por “seguir unha liña continuísta de traballo coas bases, formación de talentos e manter obxectivos de cara á ACT”. Do mesmo xeito falou do gran reto da participación do equipo
feminino na Liga Euskotren: “Son un grupo moi xoven e están adestrando moi ben. A competición ten un nivel moi alto e queremos estar á altura”, recoñeceu Luis Piñeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.