Benestar Social de Rianxo pon en marcha esta tempada unha Escola de Emocións

17 Febreiro 2023

Rianxo vai acoller esta tempada (os meses de marzo, abril e maio) unha Escola de Emocións organizada pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade. Trátase dunha iniciativa para persoas maiores de idades cuxos obxectivos xerais son dotalas de ferramentas e recursos emocionais que melloren as súas vidas, fomentar o autocoñecemento e achegar o mundo emocional á súa vida cotiá.

Segundo informa o Concello acerca dos porqués da posta en marcha desta escola, “na actualidade existe unha gran necesidade de cultivar e ordenar o mundo emocional, mais moitas persoas carecen de recursos para facelo”, e para emendar estas eivas habilitouse esta Escola de Emocións, “que ten a finalidade de crear un espazo onde eses recursos sexan accesíbeis á poboación , ofrecendo ferramentas útiles e sinxelas que poden crear un gran impacto beneficioso nas súas vidas”.

Actividades previstas

Cada obradoiro constará de unha primeira parte que consistirá en dar información (fase cognitiva):

Que é a emoción.

Cal é o seu estímulo.

Como funciona.

Cal é a súa finalidade.

Identificar os estímulos e a emoción que lles corresponde a cada un, poñendo o foco no medo, a tristura e a rabia.

O programa inclúe unha segunda parte con dinámicas de movemento: vivenciar sensacións, expresalas a nivel corporal e construír metáforas de aprendizaxe que activen todo o potencial emocional.

Datas

-Marzo: 9, 16, 23 e 30

-Abril: 13, 20 e 27

-Maio: 4

Horario: de 17:30 a 19:30 horas

Lugar

Salón de actos do Auditorio Municipal.

Inscricións

Haberá que facelas antes do 3 marzo. As prazas son limitadas (981 860 061 ou 604 024 012).

Trátase dunha actividade subvencionada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.