“Ah! … e se toca”. Luís Celeiro

16 Febreiro 2023

No cuarto do hospital onde estaba ingresado, Severino de Tralocastro tiña de compañeiro a un home novo e aparentemente san. -Terá na cabeza algo que non se ve, pensou. -Non señor, na cabeza non teño nada. Son un xogador patolóxico, un ludópata  e trouxéronme á forza, para que descanse. Eles, os médicos teñen prohibido falar da miña clínica, pero eu non, eu cóntollo a vostede que me merece toda a confianza e vostede, como os médicos, ten que calar, non dicir nada a ninguén. -Xogou algunha vez ás tragaperras? Xa se pode facer por internet, igual que se pode comprar lotería canta queiras.

-Non é igual, pero internet axuda á practica do xogo, para os que temos o vicio no corpo é unha boa ferramenta. Présteme o seu teléfono, Severino! Se ganamos, xa ganamos, a medias, e se perdemos, falamos e ao saír deste inferno eu doulle a miña parte. Parece que non te fías, compañeiro!

Euro Millones, La Primitiva, Bonoloto, El Gordo, Lotería Nacional e La Quiniela son algunhas das modalidades máis coñecidas de “Loterías y Apuestas del Estado”. Unha grande oferta de produtos perigosos que anuncia e recomenda o ministerio do ramo, mentres o de Consumo cala, escapa, pecha a porta e apaga a radio. Entre tanto, milleiros de cidadáns caen na trampa e vanse ao xogo, para algúns non volver nunca máis.

Hai miles de plataformas de xogo, de casas de xogo, de establecementos para xogar, de lugares de negocio e de xogo oficial que invitan aos imbéciles a participar e que os arrastran directamente á ruína. Hai xente disposta a todo, a perder hoxe, mañá e sempre, e tamén hai quen sabe, como di a Tía Manuela, que “para gañar, non se pode xogar”. Severino de Tralocastro aprendeuno no hospital, ao lado daquel ludópata que lle saltaban as bágoas dos ollos ao ver que ninguén lle regalaba un cupón da ONCE.

Aquel home sabía, letra a letra, o enderezo electrónico de loterías e apostas oficias, sabía das millonarias cantidades dos `botes´ e gustáballe ir por un deles, “ah” … e se me toca”. – Se toca convértome en dono do tempo, como di a propaganda oficial. Teño unha corazonada, soñaba. Vou aló, se é arriscado que sexa, de camiño cubro a quiniela e compro a lotería do domingo, por se toca e para non quedar de parvo. “Se tocara!, volvería a xunto de Severino e daríalle unha aperta grande, como se fose compañeiro e amigo”.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...