A Xunta envía SMS a 300.000 galegos de entre 40 e 49 anos para lembrarlles que segue activa a vacinación fronte á COVID

02 Febreiro 2023

A Xunta de Galicia enviará este 2 de febreiro, a máis de 300.000 galegas e galegos da franxa de idade de 40 a 49 anos, un recordatorio de que segue activa a campaña de vacinación fronte á COVID, ao igual que xa fixera a semana pasada coa franxa de idade das persoas de 50 a 59 anos. En total, no día de hoxe, enviaranse 314.181 SMS.

A Consellería de Sanidade complementou estes datos lembrando a recente ampliación dos horarios nos puntos de vacinación para os cidadáns que aínda non teñan posta a cuarta dose da vacina fronte ao coronavirus. Así, desde o 21 de xaneiro, todas as áreas ampliaron os días nos que se pode acudir a poñer a vacina.

Sanidade lembra a importancia de “facer o proceso de xestión da cita previa antes de ir aos puntos de vacinación, para que as persoas que acudan non teñan que agardar”. Pode facerse a través da aplicación SERGAS Móbil ou no teléfono 881 54 00 45.

Outros artigos

Venres 6 con chuvascos fortes acompañados localmente de treboada

Na xornada do venres os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos que comezarán pola mañá na provincia da Coruña e que co avance do día irán chegando ao resto da Comunidade. As precipitacións serán localmente treboentas e poderán vir acompañadas de sarabia. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión