A veciñanza de Ribeira puido desfrutar en Santiago da nova función do Centro Dramático Galego

06 Febreiro 2023

Veciños e veciñas do municipio ribeirense puideron desfrutar a semana pasada da representación en Santiago de Compostela da función A contenda do río Miño, coprodución do Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga.

Por certo que no bus do teatro fretado polo CDG tamén viaxou á capital galega veciñanza de Boiro e de Rianxo.

Os asistentes desprazáronse dende o Barbanza até Santiago dentro dunha iniciativa destinada a favorecer o acceso da poboación galega ao teatro público.

Entre as persoas asistentes figuraba a responsábel municipal de Normalización Lingüística de Ribeira, Alicia Padín.

O espectáculo está dirixido por Fran Núñez baseado no texto de 1671 de Gabriel Feixóo de Araúxo, que pasa por ser o primeiro texto teatral escrito en galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.