A Deputación e o Centro Criptolóxico Nacional forman aos concellos en defensa contra ciberataques

28 Febreiro 2023

A Deputación da Coruña, en colaboración co Centro Criptolóxico Nacional e a FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), organiza estes días unha actividade formativa para protexer aos concellos das principais ameazas en liña que poden poñer en risco a súa xestión, as súas comunicacións e os seus datos.

O curso Esquema Nacional de Seguridade (ENS) para responsábeis de ciberseguridade das entidades locais vén con tres xornadas de contidos, ao longo das cales os técnicos dos concellos da provincia fórmanse sobre cuestións relacionadas coa seguridade nos sistemas informáticos de de tratamento de datos dos concellos e sobre o ENS, que proporciona ao sector público un marco de acción común par afacer fronte ás ciberameazas.

O deputado de Persoal, Economía e Facenda, Antonio Leira, foi o responsábel de inaugurar as xornadas. Leira destacou que a Deputación “leva desde o ano 2015 traballando na adecuación dos seus sistemas informáticos aos ENS e é unha das tres primeiras deputacións de España con sistemas certificados”. Tamén lembrou que a Deputación conta cunha oficina de técnica de ciberseguridade para apoiar aos concellos neste eido e axudalos a conseguir a certificación dos seus sistemas no ENS, así como para seguir adecuando os sistemas da entidade provincial a este protocolo nacional.

O obxectivo do curso, explicou, é capacitar aos asistentes para a adopción do Esquema Nacional de Seguridade nas súas respectivas institucións como ferramenta facilitadora da seguridade dos seus sistemas informáticos.

Asemade, comentou que os contidos deste curso “están completamente aliñados coa estratexia que a Deputación da Coruña está a poñer en marcha para impulsar na provincia, de maneira conxunta e unificada, un Plan de Adecuación ao Esquema Nacional de Seguridade e ao marco normativo para os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.