A Deputación da Coruña destina 800.000 euros ao financiamento de persoal das oficinas de turismo

15 Febreiro 2023

Coa finalidade de continuar dando pasos adiante na profesionalización do sector de atención turística nos nosos concellos, o departamento de Turismo da Deputación da Coruña destina neste exercicio un total de 800.000 euros para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de atención a visitantes. O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de marzo.

Serán beneficiarios das axudas “os concellos e agrupacións de concellos de menos de 50.000 habitantes, que poderán recibir subvencións de entre 10.000 e 20.000 euros”.

Pola súa banda, os municipios de menos de 10.000 habitantes que non dispoñan de áreas de turismo nin persoal asignado á xestión de turismo no seu organigrama, ou que non conten con grandes infraestruturas de aloxamento, pero que no seu territorio dispoñan de espazos, bens ou outros recursos capaces de xerar dinámicas positivas para o turismo, estacional ou eventualmente, poderán solicitar a subvención conxuntamente mediante a agrupación de concellos limítrofes (mínimo tres).

Entre os criterios de valoración das solicitudes están o número total de prazas de aloxamento en establecementos turísticos do concello ou agrupacións de concellos, a capacidade de cobertura da demanda turística, ou o interese turístico e planificación sostida.

“Desde o primeiro momento fomos conscientes de que un turismo de calidade implicaba ter bos técnicos para planificar e bo persoal de información turística»” explica o vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira, engadindo que “sabiamos tamén das necesidades dos concellos, pola precariedade de recursos humanos e pola imposibilidade legal de contratar novo persoal, de contar con persoal especializado en turismo para dar servizo a unha proposta de calidade no territorio” Polo tanto, estamos moi orgullosos de que esta subvención da Deputación sirva para incrementar a calidade e mellorar a atención, algo que para nós é imprescindíbel se queremos ser competitivos no futuro”.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación desta convocatoria realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesíbel desde a sede electrónica da Deputación.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.