“A Coruña. o poliduto, a refinería e o porto exterior” – Antón Luaces

24 Febreiro 2023

Rematado o novo poliduto que conectará as instalacións de Repsol no porto exterior de Langosteira coa refinería de Bens, na Coruña, o vindeiro 3 de maio vai ter lugar a inauguración oficial da Terminal de petroleiros que Repsol ten situada no devandito porto exterior. Con esta estrea o cru circulará polo novo poliduto (tubaxe de calibre groso para o transporte de petróleo e outros líquidos e gases) ao mesmo que o peirao continúa a recepción de produtos refinados.

Esta modificación nas instalacións petrolíferas de Repsol na Coruña, significará unha operación económica, social e portuaria marcada pola liberación do peirao de San Diego no que, desde vai perto de 60 anos, operaba a compañía petroleira Campsa e, posteriormente, a actual Repsol. As operacións desta empresa van ter continuidade ata o ano 2027 que remata a concesión. Deste xeito, o resto de produtos refinados aquí elaborados seguirán chegando ao anteriormente citado peirao, polo menos de momento.

Para chegar a esta situación, Repsol investiu máis de 126 millóns de euros na obra mariña do pantalán, o poliduto, as instalacións auxiliares e as pertinentes modificacións nas do centro de refinado de Bens. Ese novo poliduto conectará as instalacións de Repsol no porto exterior coa refinería  nun percorrido de 3,8 quilómetros de lonxitude  e 11 tubaxes das que dúas están destinadas ao transporte de cru: unha trasfegará as augas e as oito restantes levarán ás terminais outros produtos. Unha nova estrutura disposta para evitar que o cru continúe a circular polo  vello poliduto que obrigou no seu día a abrir moi importantes fendas en barrios da cidade que mesmo deron nome a un destes: viaduto.

Vai 59 anos que chegaba ao peirao de San Diego o primeiro petroleiro, o Valmaseda , que desde 1964 foi un asiduo visitante do porto da Coruña. Chegou cunha carga de 20.000 toneladas de petróleo e abriu unha extensa lista de petroleiros que promediaban máis dun cento cada ano para depositar nos pantaláns petrolíferos do porto coruñés a súa prezada, perigosa e cara carga. Inesquecibles, a máis, os accidentes  de `petroleiros aquí rexistrados; o Urquiola e o Aegean Sea (ou Mar Exeo), así como os vertidos rexistrados nas manobras dos buques para a carga e descarga dos produtos.

Cando as función do peirao interior da refinería deixen  de estar en disposición de prestaren servizo, a Autoridade Portuaria da Coruña liberará un espazo de case que 400.000 metros cadrados (incluída a terminal).                           

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.