A compaña de danza Marta Alonso Tejada prepara en Rianxo a súa produción Sofá (con preestrea para o 4 de marzo)

27 Febreiro 2023

A compañía de danza Marta Alonso Tejada estivo estas semanas ultimando os seus novos proxectos escénicos a través dunha residencia na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, concretamente preparando a súa nova produción Sofá, a versión para espazos interiores. A preestrea será no auditorio rianxeiro o vindeiro sábado 4 de marzo, ás 20.30 horas. Trátase dunha obra destinada a tódolos públicos, de 60 minutos de duración, cuxo argumento preséntanos a unha parella no seu sofá, Marta e Pablo, os dous grandes protagonistas da peza…. xunto co sofá.

Sinopse

O sofá é o lugar no que descansan e esquecen o que está fóra. O mundo: traballo mal remunerado, guerra, ameazas nucleares, catástrofes ecolóxicas, virus asasinos invisibles, normas arbitrarias, pobreza, esgotamento. Pablo e Marta están enfermos. Enfermos de cansazo e aburrimento. Pero téñense a unha ó outro, teñen un sofá, e saben bailar. Non todo está perdido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.