A comarca celebrou o Día de loita contra o cancro

04 Febreiro 2023

Esta fin de semana a comarca celebrou diversos actos co gallo do Día de Loita contra o Cancro, promovidos pola delegación en Ribeira da AECC: peditorio anual nas rúas da cidade; gala solidaria de patinaxe no pavillón de Sirves e misa na Igrexa de Palmeira.

Voluntarias da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira distribuíronse nas catro mesas informativas que se instalaron nas rúas da cidade co obxectivo de recadar fondos para unha causa que é de todos. Un bo número de persoas achegaronse ás mesas : «Noutras ocasións vendemos material, pero esta vez só damos información e temos o peditorio e vai moi ben, como sempre», contaban as voluntarias situadas na rúa Galicia. Na praza do Concello, a sensación era a mesma: «Imos moi ben, a solidariedade da xente é fabulosa».

En Boiro, ademais de mesas informativas, tamén se contou coa participación de voluntarios para formar un enorme lazo humano de cor verde, como símbolo de visibilización e apoio aos miles de pacientes que sofren cancro. Baixo uns paraugas da cor da esperanza, preto de medio centenar de persoas debuxaron un gran lazo sobre o pavimento da rúa peonil boirense.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.