A Casilla será a primeira aldea da parroquia do Araño en conectarse á rede pública de abastecemento con 22 vivendas

10 Febreiro 2023

O pleno celebrado este xoves 9 de febreiro aprobou a participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de concellos) “Pos+ 2023” da Deputación Provincial da Coruña con catro proxectos de saneamento e abastecemento. Na votación resultante foi aprobada a proposta do goberno municipal por todas as formacións, BNG, PSOE, PP e Cidadáns, agás por Rianxo en Común que votou en contra da proposta.

Os proxectos aprobados dentro das diferentes achegas do Plan supoñen un importe total de 681.566,58 euros e tal e como foi sinalado pola Alcaldía supoñen priorizar actuacións dirixidas a homologar servizos básicos que toda a veciñanza debe ter e equilibrar as diferentes parroquias nun servizo como o do saneamento e do abastecemento.

Neste senso salientou que entre os proxectos aprobados figura o abastecemento da Casilla primeira aldea do Araño desde a traída municipal. Unha actuación posíbel pois se desenvolveron diferentes actuacións previas desde Outeiro-Taragoña á zona da Casilla para dotar do servizo tan axiña fose posíbel, así como no actual tramo de aceiras executándose na AC305 que contempla a instalación adicional de rede de auga. Este proxecto supón un investimento de 132.470,80 euros para unhas 23 vivendas e o cumprimento do compromiso de chegar ao Araño coa rede,

Outro dos proxectos aprobados é o saneamento de Tronco, primeira Fase, que nesta fase supón 208.785,50 euros. Contempla un bombeo e beneficiará a 22 vivendas e o único cámping do Concello. Implica tamén a práctica incorporación da totalidade da parroquia de Rianxo á rede de sumidoiros municipais.

O terceiro proxecto dentro do plan complementario é un primeira fase do saneamento e abastecemento para Vilanustre en Asados. Nesta actuación, de 194,386, 50 euros chégase a unhas doce vivendas. Cunha depuradora autónoma non se verquerá á rede xeral e evitará o uso de bombeos. Unha cesión de parcela contemplada no proxecto posibilita este sistema xa posto en prática en Foxacos e Cerqueiras,

O cuarto dos proxectos e dentro do Plan Complementario é a segunda fase do saneamento e abastecemento de Vilas, que cun importe de 145.523, 78 euros abranguerá a 12 vivendas. Conectarase coa actuación a piques de licitarse e segue o mesmo esquema de instalación de depuradora autónoma evitando os custes adicionais dos bombeos e o seu mantemento e consumo en electricidade.

Coas dúas actuación de Asados completaríanse agás algunhas vivendas individuais a rede de saneamento de Asados que se achegaría así o obxectivo de saneamento integral da parroquia.

Todas as obras contemplan a reposición posterior en asfaltado en quente o que supón importantes custes nas obras pero que deixarán en boas condicións o firme das aldeas sobre as que se actúa.

Ademais das obras aprobouse destinar un total de 40.829,86 euros a gasto corrente e 5.200,31 a minorar os préstamos.

A alcaldía tamén informou da adxudicación e sinatura do contrato de obras de saneamento de Quintáns en Isorna e abastemento de Corques en Taragoña polo que poderían iniciarse os traballos en vindeiras datas.

RESUMO

Abastecemento da Casilla: 132.470,80 euros

Saneamento de Tronco, primeira Fase: 208.785,50 euros.

Saneamento e abastecemento para Vilanustre : 194,386, 50 euros

Segunda fase do saneamento e abastecemento de Vilas: 145.523, 78 euros

Gasto corrente: 40.829,86 euros

Préstasmos: 5.200,31 euros

TOTAL: 727.196,35 euros

POS Adicional para gastos sociais extraordinarios

Tamén se aprobou co mesmo resultado que a anterior votación destinar un 72.804,36 euros a financiar gasto social entre os que se encontra:

Reforzo – ampliación de persoal técnico e/ou administrativo adscrito aos servizos sociais do concello, co fin de apoiar aos equipos actuais e/ou facilitar a tramitación urxente das prestacións obxecto deste plan

Ampliar o servizo de axuda a domicilio en todas as súas modalidades, e calquera outro de análoga natureza que se preste no domicilio da persoa, rehabilitación, como perruquería, podoloxía, comedor sobre rodas, etc.

Reforzo dos servizos e axudas económicas para respiro familiar e medidas de conciliación a persoas que carezan de medios económicos suficientes para asegurar a cobertura destas necesidades, valoradas polos profesionais dos servizos sociais comunitarios.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...