“Vender o mar en parcelas, obxectivo da UE e o Goberno”. Antón Luaces

26 Xaneiro 2023

Interesa o mar, interesa a pesca?. A estas preguntas respostou, rápida e decididamente, Anxo G. Crujeiras, mariñeiro galego: “Non interesamos. E non é cousa de agora. Todo se basea en subvencións e non en solucións”.

Outro home de mar, profesional da pesca, afronta o feito desde outro ángulo: “Van industrializar o mar. Vendelo en parcelas aos parques de enerxía eólica e demáis: gaiolas de engorde de peixe, bateas de mexillón e outras producións. Os mariñeiros van pasar calamidades. O mar ten futuro si se loita por el cunha pouca de unión e valor. A Unión Europea canda o Goberno da nación está a traball.ar para reducir a un número aceptable a frota en toda a súa plenitude”. Edu E.

Son só dúas das moitas opinións expresadas polos traballadores do mar, os mariñeiros ou pescadores, moitos deles fillos ou netos daqueles que recibían aos 14 anos de idade a libreta de embarque que nunca lles ofreceu seguridade no emprego nen, moito menos, salario (sí parte no valor da pesca realizada). Daba pé a ter case que seguro que o cumprimento do servizo militar sería realizado nun cuartel ou buque da Armada española. E máis nada, porque o servizo militar na Mariña suponía máis tempo e ir parar a casacristo desde, por exemplo, Cangas…

Quedo coa idea de que se está a parcelar o mar, Máis aínda ao coñecer o “reparto” aprobado onte para a “ocupación” de “parcelas” marítimas que, en nada, estarán cheas de muíños de vento disposto para aproveitar este e convertelo  en enerxía eléctrica pola que os consumidores da mesma teremos que pagar como se os “aproveitadores” do ben público que é a costa desembulsaran cartos a esgalla para poder aproveitar o espazo que ocupan os seus muíños ou aeroxeradores.

Estes xirarán e xirarán, como xiraba vai anos Xil Rios , grazas ao vento; pero non significará beneficio algún para os cidadáns que, propietarios ou non do espazo público que ocuparán efectivamente os devanditos muíños, teremos que pagar a prezo de ouro o megawatio/hora. E para isto tanta liorta, tanto descontento, tanta disconformidade, tanta “merdé” acumulada e sen que as grandes empresas do Ibex 35 teñan a ben recoñecer que a maior parte do diñeiro   que se deposita nos seus bancos levan marcas de auga que son os suores do traballadores deste país, que son quen de renunciar a tanto para que uns poucos se enriquezan aínda máis.

O catálogo de beneficiarios está  á vista: son os mesmos que cada mes ou bimestre encargan aos seus traballadores que nos pasen a conta do que din que temos consumido.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.