Todo listo en Rianxo para a chegada dos Reis Magos, a partir das 13.00 horas deste xoves

04 Xaneiro 2023

A Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiu os detalles dun dos grandes eventos deste Nadal no municipio: a chegada dos Reis Magos. Será este 5 de xaneiro e abranguerá todas as parroquias do concello. O elemento central do evento será a Cabalgata, que percorrerá os núcleos de poboación rianxeiros até rematar na praza de Castelao, cun gran acto de recepción.

Os actos e horarios previstos son os que citamos a continuación:

15.00 h Saída dende Isorna da comitiva dos Reis Magos para percorrer todas as parroquias do Concello.

17:30 h Belén Vivinte na Praza Castelao. Ambientación e actuacións a cargo da Asoc. Cultural Fogo Fatuo

19:00 h Entrada a Rianxo desde a Carballeira, co acompañamento musical das formacións: Vai de Roda, Buxaina e Panxoliñas Surfing. Animación de rúa por Barafunda Animación.

19:30 h Ofrenda ante o Belén Vivinte – Recepción na Casa do Concello – Reparto de caramelos – Recollida de cartas

Itinerario previsto (polas rúas principais)

Isorna – Leiro – A Fincheira – Arcos Moldes – Estrada de Rianxiño – O Pazo –Asados – Burés – O Araño – Taragoña (volta en Pte. Beluso) – Taragoña – Fachán – O Pazo – Rinlo – Praza Castelao

Nota 1: Non pasara polo interior da Urbanización A Martela

Nota 2: Os horarios son aproximados podendo sufrir alteracións, polo que o Concello recomenda ver a canle local de Youtube para saber en tempo real o lugar da cabalgata. Tamén se aconsella seguir a información publicada nas redes sociais e na web municipais, ante “posíbeis cambios pola climatoloxía e/ou outros condicionantes”.

Por outra banda, poderase seguir a cabalgata e posterior recepción en streaming a través da canle de Youtube do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...