Stop Deshaucios alerta do risco de desaloxo dunha familia vulnerábel de pensionistas de Rianxo

13 Xaneiro 2023

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza compartiu con nós a delicada situación que atravesa unha familia de Rianxo, que corre o risco de ser desaloxada do seu fogar polo procedemento aberto e impulsado dende o fondo de investimento Buildingcenter.

Así, malia que o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 1 de Padrón veña de decretar a suspensión temporal do proceso xudicial de desafiuzamento (ante a presentación do correspondente informe social por parte do departamento dos Servizos Sociais do Concello de Rianxo no que se concreta a situación de vulnerabilidade da familia, composta por un matrimonio de pensionistas, con prestacións mínimas de xubilación), a situación da familia segue a ser de urxencia e xa mobilizou a diversas entidades para procurar unha solución.

Entre as institucións mobilizadas atópase a Oficina da Valedora do Pobo que, xunto coa familia, atópase negociando un alugueiro social cunha cota mensual asumíbel para poder continuar residindo na vivenda habitual, que fora embargada no seu momento por parte da entidade financeira do Banco Santander, que se lle adxudicou a vivenda en poxa pública e que posteriormente vendeu ao fondo de investimento de referencia. “Trátase por desgraza dunha práctica demasiado habitual, que deixan indefensas a moitas familias humildes, e que debería poñer límite a futura Lei de Vivenda que se atopa en tramitación nas Cortes Xerais”, informan dende a a Plataforma Stop Deshaucios Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.