SOGAMA mantén o canon de 2022 e aplica unha bonificación do 15% aos concellos que leven a cabo unha xestión máis sostible dos residuos

30 Xaneiro 2023

Sogama mantén o canon de 2022 aplica unha bonificación do 15% aos concellos que leven a cabo unha xestión sostible dos seus residuos, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.
Deste xeito, o importe do canon para os 295 concellos adscritos a este modelo de xestión mantense en 66 euros/tonelada de bolsa negra -fracción resto recollida a través do contedor xenérico- grazas a que Sogama non aplica este ano o IPC correspondente.
Ademais, Sogama aplicará unha bonificación do 15% a aqueles concellos que cumpran os seguintes requisitos: promover a redución da produción de lixo e/ou incrementar a reciclaxe dos envases lixeiros; trasladar esta rebaixa aos recibos dos veciños, e implantar a recollida separada da materia orgánica a través do quinto contedor antes do próximo 31 de decembro. No caso dos municipios con poboación inferior a 2.000 habitantes, será suficiente que acrediten a instauración dun programa de compostaxe domiciliario e/ou comunitario.
De cumprir estas condicións, o canon veríase reducido en 10 euros, baixando dos 66 euros aos 56,10 euros.
Para beneficiarse desta bonificación, os concellos interesados teñen de prazo ata o próximo 1 de marzo para pedir a súa aplicación neste ano en curso, co compromiso de cumprir os requisitos inherentes á rebaixa.
Estes criterios están inspirados nas liñas básicas que deben rexer a xestión sostible dos residuos, na que cobra especial relevancia a prevención, a reutilización e a reciclaxe, ao tempo que se recoñece o esforzo dos concellos e cidadáns que fan posible unha maior
recuperación dos residuos para garantir a súa transformación en recursos, sen esquecer a normativa europea, que fixou o 31 de decembro de 2023 como data límite para a incorporación do contedor marrón ás rúas, perfectamente compatible coa compostaxe doméstica e/ou comunitaria.
No caso da planta de compostaxe industrial de Sogama en Cerceda, o canon tamén se manterá na mesma contía que en 2022, é dicir, en 48,30 euros/tonelada de materia orgánica entregada nesta instalación.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.